Alimentación saudable

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Dende o CEIP Plurilingüe de Chancelas consideramos imprescindible traballar a alimentación do noso alumnado, máis se cabe dende que esta pandemia nos obrigou a permanecer na casa adoptando roles moito máis sedentarios e con menos actividade física.

Vimos detectando nas súas merendas un aumento importante de alimentos ultraprocesados, cunha alta carga en azucre refinado e sal. Este tipo de alimentación afecta non só á saúde do alumnado senón tamén ao seu rendemento académico.

O cerebro necesita azucre, pero non refinado e branco, senón un chamado GLUCOSA, que se obtén principalmente da froita, da cal tamén se reciben grandes cantidades de vitaminas que manteñen o noso sistema inmunitario forte.

As empresas coa súa publicidade tratan de que merquemos os seus productos e recurren a todo tipo de estratexias, como é o caso dos famosos "Actimeles" e os seus supostos beneficios polas bacterias probióticas, "L. casei inmunitas", publicidade enganosa que tiveron que retirar do mercado e que aínda así trascendeu na mente d@s consumidores/as, que en moitos casos consideran ese producto ten certo beneficio para os nenos e nenas pequenas.

Dende esta web trataremos de resolver esas dúbidas con información clara e precisa e algúns vídeos de exemplo.

OS ULTRAPROCESADOS. Un problema diario nas súas merendas.

Con este video de Mikel López Iturriaga, xornalista e crítico gastronómico, coñecido como "El comidista", queremos explicarvos un pouco mellor cales son estes alimentos, que problemas presentan e por que non poden estar incluídos na dieta diaria dos nenos e das nenas.

ALIMENTOS RECOMENDADOS E SAÚDABLES

FROITA

A froita é con moita diferencia o mellor alimento para os nosos fillos e fillas. Aporta as vitaminas requeridas en cada época do ano e tamén a glucosa necesaria para afrontar a mañá. É sempre preferible que consuman froita de tempada. Premendo aquí podedes ver unha listaxe.


Froitos secos: noces,pistachos, améndoas, avelás, pipas de cabaza, etc.

Froitas desecadas: dátiles, pasas, plátano, coco, papaia, orellóns, etc.


Lácteos naturais como iogures sen azucre, queixo fresco, descremado...

Patés caseiros e cremas como guacamole, humus, ...

Hortalizas frescas crudas: cenorias en bastóns, pementos, tomatiños, etc.

Tortilla francesa e tortilla de patacas, xamón serrano.

Chocolate negro ou mínimo cun 70% de cacao

Pan integral ou galletas caseiras con fariñas integrais. Cereais sen azucre.

Bebida: AUGA

O noso corpo é un 70% de auga por eso precisamos hidratarnos diariamente. A auga é a bebida máis saudable para as súas merendas. Tal e como se explica na seguinte canción, son necesarios alomenos 8 vasos ao día.

ALIMENTOS PERXUDICIAIS OU MOI PERXUDICIAIS

Bolería industrial

Galletas industriais

Lácteos azucarados tipo bebibles, actimeles, etc.

Cereais azucarados

Zumes non naturais

Embutidos

Patacas fritas

Snacks

ALIMENTOS MOI CONTROVERTIDOS

As tortas de arroz

Non son recomendables pola súa gran cantidade en arsénico (especialmente en menores de 6 anos). Teñen un alto contido en sal e as que levan chocolate son de moi baixa calidade. Nutricionistas aconsellan so as feitas na casa ou as integrais.

Noticia explicativa



Información sobre "o engano" dos actimeles e bebibles

Artigo na web da OCU: "Actimel, no necesitas desayunarlo para ayudar a tus defensas"

"...Y desde un punto de vista estrictamente nutricional, serían necesarios tres botecitos para alcanzar un simple vaso de leche..."

Artigo no xornal El Español: "El auge de los yogures probióticos: ¿son realmente necesarios para tus defensas?"

"... un simple plátano aporta más de 3 veces la cantidad de vitamina B6 que aportaría un bote de Actimel (y a un precio bastante más bajo)..."

BEBIDAS PERXUDICIAIS OU MOI PERXUDICIAIS

Zumes industriais en brick, botella ou lata.

Non só teñen un alto contido en azucre senón que propician a aparición de caries.

Artigo no ABC

Refrescos e bebidas carbonatadas

Cun contido altísimo en azúcares, excitantes e aditivos.

Artigo El Comidista

Bebibles de fruta e iogures bebibles

Os bebibles de frutas teñen un alto contido en azúcares.

Artigo Pediatra

Bebidas enerxéticas: MONSTER

Especialmente preocupante é o consumo de bebidas enerxéticas, en concreto a da marca Monster, que chega aos máis novos sen publicidade na televisión. Unha soa lata equivale a tres cafés e a dez sobres de azucre.

Artigo El Confidencial

TRES CANCIÓNS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

La mitad de tu plato deben ser vegetales

Come frutas

La salud está en la variedad

Todos estes consellos fan referencia a un consumo diario ou excesivo destes alimentos.

Isto non quere dicir que ocasionalmente non podamos consumir algúns destes productos.

O que non debemos permitir é que estean incluídos na dieta diaria dos nosos fillos e fillas.

CEIP Plurilingüe de Chancelas