Inscrición á xornada para a mellora da comercialización das empresas de turismo activo e surf
A Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol, ao abeiro do convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, para a promoción do xeodestino Ferrolterra – Rías altas organiza esta xornada de formación dirixida ao sector do turismo activo e o surf deste destino.

Celebrarase o vindeiro xoves, 7 de marzo, no Cámping de Valdoviño. Con esta ubicación preténdese, ademais, visualizar ás empresas que forman parte destes proxectos.

O programa do evento é o seguinte:

18:00-18:40 Normativa autonómica e oportunidades de financiamento no sector do turismo activo e do surf.

18:40-19:00 Oportunidades de organización sectorial do turismo activo e de surf.

19:00-20:45 Mellora da promoción e comercialización de produtos, destinos e experiencias a través de plataformas online. O caso de TripAdvisor.

20:45 Networking



Sign in to Google to save your progress. Learn more
Indica o nome da túa entidade ou empresa *
Indica o concello de procedencia *
Nome da persoa asistente. *
Indica o teu cargo e/ou profesión *
Teléfono de contacto *
Correo electrónico *
Comentarios ou preguntas
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy