Xoves, 20 de decembro de 2018 · Jueves, 20 de diciembre de 2018 · Número 242
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2018_0000009469

Administración Local

Municipal

Cariño

Bases selección chófer-operario servizos varios

ANUNCIO

O Alcalde-presidente do Concello de Cariño o 17 de decembro de 2018, ditou Decreto Alcaldía polo que se aproban as bases reguladoras para a selección, como persoal laboral temporal, dun/ha traballador/a por razón de incapacidade temporal do titular do posto convocado polo Concello de Cariño, que a continuación se transcriben:

BASES REGULADORAS PARA A SELECCION, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DUN/HA TRABALLADOR/A POR RAZÓNS DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO TITULAR DO POSTO CONVOCADO POLO CONCELLO DE CARIÑO.

PRIMEIRA: O obxecto das presentes bases consiste na regulación do procedemento de selección de un/unha traballador/a como chófer-operario para a substitución do actual titular do posto por razóns de incapacidade temporal.Todo isto conforme o disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, no Real Decreto 886/1991, de 7 de xullo, e demais normas concordantes de aplicación.

*Funcións: condución de vehículos municipais (camión de recollida de lixo, motobomba, e outros , e operario de servizos varios).

SEGUNDA: A natureza do contrato será laboral temporal, na modalidade de contrato de duración determinada por interinidade, a tempo completo, e a súa duración abranguerá dende a data de remate do proceso selectivo ata a reincoporación do titular do posto.

A xornada laboral será de 37,5 horas semanais, de luns a sábado. O horario será fixado pola Alcaldía en atención ás necesidades do servizo. O salario bruto mensual (incluído prorrateo de pagas extras) será de 1.121,18 euros. Categoria profesional: oficial de 1ª. Grupo de cotización: 8.

TERCEIRA: O proceso iniciarase coa publicación de anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

CUARTA:

Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou nacional da U.E dentro dos límites que establece o artigo 57 do RDL 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.

c) Estar en posesión, como mínimo, do certificado de escolaridad ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Estar en posesión do permiso de conducción C e do Certificado de Aptitude Profesional (CAP).

Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.

QUINTA:

O sistema de selección constará únicamente da fase de oposición.

FASE DE OPOSICIÓN:

A) Realización dunha proba teórica, de carácter obrigatorio e eliminatorio, e que consistirá na realización dun exame tipo test no que haberá que responder a un cuestionario de 25 preguntas e 5 preguntas de reserva sobre os contidos do temario que se recolle segundo os anexos correspondentes.

Cada pregunta formularase con tres respostas alternativas, das que so unha será a correcta.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 40 minutos. Cada resposta correcta valorarase con 1 punto. As respostas incorrectas non restarán. As respostas en branco non puntuarán.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

B) Proba práctica: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que realizarán só aqueles aspirantes que acaden a puntuación mínima de 5 puntos esixida para superar a proba teórica.

A proba práctica será determinada polo tribunal, e consistirá na demostración da habilidade do aspirante no manexo da maquinaria e dos vehículos municipais. A proba será cualificada de 0 a 20 puntos, sendo necesario , para superar dita proba, acadar un mínimo de 10 puntos.

3.- PROBA DO GALEGO: En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos básicos en lingua galega (CELGA 1 ou equivalente) deberán realizar unha proba que terá carácter obrigatorio e eliminatorio. A proba consistirá na traducción directa do castelán ao galego dun texto proposto polo Tribunal durante un tempo de 30 minutos, sen axuda do diccionario. O exercicio será calificado de apto ou non apto.

Quedarán exentos da realización desta proba aquelas persoas que acrediten, coa presentación da instancia, estar en posesión do CELGA 1 ou equivalente.

SEXTA:

1.-As instancias para participar no proceso de selección dirixiranse á Alcaldía-Presidencia da Corporación e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de sete días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día fose inhábil, trasladarase o día hábil inmediatamente seguinte.

Poderán tamén remitirse na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das AAPP. Neste caso, deberán remitir por fax ao Concello copia selada da instancia dentro do prazo de 5 días naturais sinalado anteriormente (nº de fax: 981-405029), ou mail a concello@concellodecarino.com.

2.- Á instancia acompañarase:

a).- Fotocopia compulsada do D.N.I., pasaporte ou tarxeta de residencia.

b).- Fotocopia compulsada da titulación esixida para presentarse ao proceso.

c).- Declaración responsable de non estar afectado por ningún dos motivos de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas, e de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada pola persoa aspirante, de non estar afectada por ningún dos motivos de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas e de non estar inhabilitada ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público (Anexo III).

d) Fotocopia compulsada do Celga 1, no seu caso.

e) Fotocopia compulsada do permiso de condución C e do Certificado de Aptitude Profesional (CAP).

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a autoridade que convoca ditará resolución, que se publicará no Taboleiro de Edictos do Concello, declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as e outorgando un prazo máximo de 2 días naturais para que os/as excluídos/as aleguen o que consideren. Si o último día do prazo é inhábil, estenderase ata o seguinte día hábil.

Resoltas as reclamacións publicarase a lista definitiva no Taboleiro de Edictos ou darase por definitiva a lista provisional se non houbera reclamacións ou se estas non foran suficientes para a súa consideración. De non existir aspirantes excluídos, a Alcaldía poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.

O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente como paso previo á contratación que corresponda.

SÉTIMA: A data e hora de celebración do exame e proba práctica determinarase polo Tribunal unha vez que remate o prazo de presentación de instancias, facéndose público no mesmo anuncio que a lista provisional de admitidos ao proceso.

OITAVA:

O tribunal cualificador estará composto por un/unha presidente/a e tres vogais, empregados públicos entre os/as que non se incluirán persoal de elección ou de designación política, nin funcionarios/as interinos/as ou persoal temporal ou eventual.

Actuará como Secretario un funcionario do Concello de Cariño, con voz e sen voto.

A Resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos coa designación dos membros do Tribunal que incluirá os seus respectivos suplentes, farase pública no taboleiro de anuncios do Concello a efectos de recusación.

O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, xa sexan titulares ou suplentes, e en todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos seus suplentes.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificándoo a Alcaldía cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da Lei 40/2015 de 1 de octubre, de Réxime Xurídico do Sector Público.

O Presidente poderá requirir aos membros do mesmo declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior.

Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do cumprimento das bases da convocatoria e da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos seus resultados.

NOVENA: A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

En caso de empate na puntuación final, o desempate resolverase a favor do aspirante que obtivese maior puntuación no tipo test; de persistir o empate resolverase a favor do aspirante que obtivese maior puntuación na proba práctica.

O Presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante a Alcaldía-Presidencia, sen que esta poida superar o número de prazas convocadas.

As propostas de selección que contraveñan este límite serán nulas de pleno dereito.

A dita proposta publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello.

O Tribunal establecerá unha lista de reserva cos aspirantes que teñan superado o proceso para cubrir posibles renuncias antes da contratación ou durante a vixencia do contrato. Esta lista tamén estará vixente para aqueles postos das mesmas características que xurdan dentro da Administración municipal.

DÉCIMA: No prazo de 2 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da proposta de selección no taboleiro de Edictos (prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documentos por causas alleas á súa vontade), os/as aspirantes propostos/as polo Tribunal deberán presentar certificado médico oficial.

Se dentro do prazo indicado, salvo causa de forza maior, os/as aspirante non presentasen a documentación ou do exame da mesma se infira que carecen dalgún dos requisitos relacionados na Base 4ª, non poderán ser contratados e perderán tódolos seus dereitos, sen prexuízo das responsabilidades en que houbese podido incorrer.

UNDÉCIMA: O Tribunal poderá resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso selectivo.

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdicción Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Cariño, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita Xurisdicción, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.

Cariño, 3 de decembro de 2018.-

O Alcalde.-

Asdo: José M. Alonso Pumar.

ANEXO I: TEMARIO

TEMA 1: A Constitución Española de 1978. Principios xerais.

TEMA 2: Dereitos e deberes fundamentais dos españois

TEMA 3: Organización territorial do Estado. Os Estatutos de Autonomía.

TEMA 4: Organización Municipal. Competencias.

TEMA 5: Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

TEMA 6: Mecánica básica do automóvil. Chasis e carrocería. Motores e funcionamento. Electricidade. Batería. Dispositivos eléctricos, hidráulicos e neumáticos.

TEMA 7: Mantemento de vehículos.

TEMA 8: Regulamento xeral de circulación.

ANEXO II: MODELO DE INSTANCIA

D./D.ª _______________________________________________________________, provisto do NIF n.º ________________,

con enderezo, para os efectos de notificación, en ___________________________________________________________,

localidade ________________________, C.P. ____________, provincia ___________________,teléfono ________________,

enderezo electrónico ________________________________________,

EXPOÑO:

- Que logo de ver o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia, do procedemento de selección de un/unha traballador/a como chófer/ operario de servizos varios para a substitución do actual titular do posto por razóns de incapacidade temporal.

- Que coñece e acepta as bases que rexen dita convocatoria, e declara que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos, referidos ao remate do prazo sinalado para a presentación de instancias.

- Que a tal efecto achego a seguinte documentación compulsada:

*Fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia.

*Fotocopia da titulación esixida para presentarse ao proceso.

*Declaración responsable de non estar afectado por ningún dos motivos de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas, e de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada pola persoa aspirante, de non estar afectada por ningún dos motivos de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas e de non estar inhabilitada ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público (Anexo III)

* Fotocopia compulsada do Celga 1, no seu caso.

* Fotocopia compulsada do permiso de condución C e do Certificado de Aptitude Profesional (CAP).

SOLICITO: Ser admitido/a no correspondente procedemento selectivo

Cariño,______ de decembro de 2018.

Asinado:

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARIÑO

ANEXO III: MODELO DECLARACIÓN XURADA

Don/Dona ________________________________________________________________ con DNI _____________________ declara baixo xuramento non estar afectada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, e de non ter sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

Cariño, _____ de __________________ de ______

Asdo:

Cariño, 17 de decembro de 2018

O Alcalde-presidente

Asdo: José M. Alonso Pumar

2018/9469

©2009 Deputación da Coruña