Luns, 22 de outubro de 2018 · Lunes, 22 de octubre de 2018 · Número 201
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2018_0000007732

Administración Local

Municipal

Narón

Secretaría

Persoal

ANEXO I- TEMARIO

PROBAS SELECTIVAS PARA PROVER 15 PRAZAS DE AXENTES BOMBEIRO/A-CONDUTORES/AS

TEMARIO XERAL

TEMA 1 Constitución española: dereitos e liberdades . Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

TEMA 2 Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e articulado.

TEMA 3 Lei 7/1985, do 2 abril reguladora das bases do réxime local: título primeiro e segundo.

TEMA 4 Igualdade de mulleres e  homes (Lei 4/2005, do 18 de febreiro, para a igualdade de mulleres  e homes: título preliminar e título I).

TEMA 5 Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo  que se aproba o texto refundido da Lei do  estatuto básico do empregado público.

TEMARIO ESPECÍFICO

TEMA 1 Lei 17/2015, do 9 de xullo, do sistema nacional de Protección Civil.

TEMA 2 Plans territoriais, plans especiais ,PLATERGA.

TEMA 3 Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

TEMA 4 Plan municipal de emerxencias de Narón (PEMU).

TEMA 5 . Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

TEMA 6 A combustión. Triángulo e tetraedro do lume. Características dos combustibles. Clasificación dos lumes. Mecanismo de extinción. Axentes extintores. Incendios urbanos e  forestais. Trens de saída.

TEMA 7 Plans de autoprotección. Elaboración, contido e implantación. Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, plans de emerxencia e de autoprotección. RD 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

TEMA 8 Primeiros auxilios. A  cadea de supervivencia. Soporte vital básico (SVB). Desfibrilador semiautomático externo (DESA). Normativa, funcionamento e mantemento.

TEMA 9 Materias perigosas: identificación, sinalización, transporte, clases, metodoloxía de actuación.

TEMA 10. Equipos de protección individual: definición, características, vestiarios, equipos de rescate en altura, equipos respiratorios e niveis de protección en función da intervención.

TEMA 11 Instalacións contra incendios: instalacións fixas, móbiles, extintores portátiles, bocas de incendio equipadas ,columna seca e hidrantes.

TEMA 12 Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

TEMA 13 Accidentes de tráfico: principais accións a realizar, materiais e  técnicas.

TEMA 14 Toponimia do concello de Narón, edificios singulares, históricos e oficiais. Prazas, barrios, vías de comunicación, percorridos a seguir. Ríos, accidentes xeográficos do termo municipal. Rede de hidrantes.

TEMA 15 Regulamento do servizo de emerxencia, protección civil, extinción de incendios e salvamento do Concello de Narón .

ANEXO II-TEMARIO

PROBAS SELECTIVAS PRAZA DE OFICIAL DO CORPO DE BOMBEIROS DO CONCELLO DE NARÓN

TEMARIO XERAL

TEMA 1 Constitución española: dereitos e liberdades . Dereitos fundamentais e liberdades públicas .

TEMA 2 Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e articulado.

TEMA 3 Lei 7/1985, do 2 abril reguladora das bases do réxime local: título primeiro e segundo.

TEMA 4 Igualdade de mulleres e homes (Lei 4/2005, do 18 de febreiro, para a igualdade de mulleres e homes: título

preliminar e título I).

TEMA 5 Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

TEMARIO ESPECÍFICO

TEMA 1 Lei 17/2015, do 9 de xullo, do sistema nacional de Protección Civil.

TEMA 2 Plans territoriais, plans especiais, PLATERGA.

TEMA 3 Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

TEMA 4 Plan municipal de emerxencias de Narón (PEMU).

TEMA 5 Os riscos e os accidentes

TEMA 6 Accidentes de tráfico. Introdución e conceptos xerais. Excarceración.

TEMA 7 Natureza do lume . Triangulo e tetraedro do lume. Mecanismo de extinción. Clasificación dos lumes. Características dos combustibles.

TEMA 8 Incendios urbanos e forestais. Tipos.

TEMA 9 Plans de autoprotección. Elaboración, contido e implantación.

TEMA 10 Primeiros auxilios. A  cadea de supervivencia.

TEMA 11 Toponimia do Concello de  Narón, edificios singulares, históricos e oficiais. Prazas, barrios, vías de comunicación, percorridos a seguir. Ríos, accidentes xeográficos do termo municipal.

TEMA 12 Os accidentes de tráfico como problema de saúde e seguridade viaria.

TEMA 13 Normativa que afecta aos usuarios de ciclos.

TEMA 14 Transporte de menores en ciclos.

Tema 15 Didácticas especiais e tratamento da autoprotección e a seguridade viaria no ámbito das etapas educativas.

TEMA 16 Soporte vital básico (SVB)

TEMA 17 Recursos educativos na formación en autoprotección, educación viaria e protección civil.

TEMA 18 Factores de risco na condución segura.

TEMA 19 Fundamentos psicopedagóxicos da autoprotección e educación viaria I: bases lexislativas e psicolóxicas.

TEMA 20. Equipos de protección individual, definición, características, vestiarios, equipos de rescate en altura, equipos respiratorios, niveis de protección en función da intervención.

TEMA 21 Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o código técnico da edificación.

TEMA 22 Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. Plans de emerxencia e de autoprotección.

TEMA 23 Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

TEMA 24 Radiocomunicacións, comunicacións nas emerxencias, canles usadas no servizo, nomenclatura, claves e distintivos.

TEMA 25 Desfibrilador semiautomático externo (DESA). Normativa, funcionamento e mantemento.

TEMA 26 Regulamento do servizo de emerxencia, protección civil, extinción de incendios e salvamento do Concello de Narón.

TEMA 27 Instrucións específicas sobre regulación de tráfico para desenvolvemento de eventos deportivos en vías e terreos públicos.

TEMA 28. Mercadorías perigosas. Características do perigo. Clasificación das mercadorías perigosas. Sinalización das mercadorías perigosas segundo os medios de transporte. Normas de actuación. Intervención.

TEMA 29 Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia.

TEMA 30 Estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde.

TEMA 31 Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

TEMA 32 Sistemas de seguridade en vehículos como medidas preventivas. Sistemas pasivos e activos.

TEMA 33 Patoloxía da construción. Lesións principais e conceptos. Apeos e apuntalamentos. Definicións e descrición dos elementos.

TEMA 34 Seguridade en eventos públicos.

TEMA 35 Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

ANEXO III

PROBAS PRÁCTICAS

A) Condución.-Consistirá na condución dun vehículo do servizo, atendendo ao código de circulación, realizando calquera das seguintes probas que serán idénticas para todos os aspirantes:

1. Proba de condución por circuíto. Valórase: manexo, trato do vehículo e observancia do regulamento de circulación vixente.

1. Xiro en espazo limitado. Valórase: destreza, control de espazo e coñecemento das posibilidades técnicas básicas.

2. Estacionamento marcha atrás en localización delimitada con espazo limitado. Valórase: axilidade, control de espazo, tacto e operatividade do mesmo  unha vez situado.

O tempo sinalarao o tribunal e será o mesmo para todos os aspirantes.

LUGAR DE REALIZACIÓN DO EXERCICIO: circuíto pechado en estacionamento municipal de camións.

CARACTERÍSTICAS DO VEHÍCULO: Renault Mibdlum 220 DCI, con cambio manual de 6 velocidades. Medidas aproximadas de 6.90 metros por 2.80 metros ou similar.

EXAME DO VEHÍCULO: facultarase aos aspirantes para o exame visual do vehículo a utilizar previamente á realización da proba indicándose na convocatoria lugar e horario para esta.

B) Ferramentas e útiles- Consistirá na realización dalgún dos seguintes exercicios, a elección do tribunal. Previamente á relación de cada exercicio, o tribunal indicará os criterios para a execución, tempo e calquera elemento que se precise para a concreción do exercicio.

1. Tendido de mangas: trátase de realizar un tendido básico, no que cada elemento quedará no lugar sinalado polo tribunal.

2. Corte por plasma: cortarase unha placa de aceiro de 1,5 cm de grosor e 25 cm de longo utilizando o modelo Hyperthem Power Max 30 air.

3. Ascenso AEA : subir a 30 metros de altitude cunha inclinación de 65º sobre a AEA do servizo realizando un tendido de 45 mm .

4. Proba de reacción ante espazos cerrados e coa visión anulada: coa visión anulada introducirase nun espazo reducido que debe circundar co apoio das mans e pés. Avalíase a capacidade ou incapacidade, medo irracional e irreprimible aos espazos cerrados, claustrofobia, orientación. Para a realización do exercicio mostrarase con anterioridade o percorrido a realizar. O tempo sinalarao o tribunal.

5. Nós: realizaranse algúns dos nós seguintes segundo a UIAA (Unión Internacional de Asociacións de Alpinismo):

-Llano, ballestrinque, nó de cinta, presilla de alondra, dinámico, oito dobre, oito dobre seno (dobre gaza), nove dobre, pescador dobre e bolboreta.

Cada proba avalíase cun total de 2 puntos, sendo necesario alcanzar a puntuación de 5 para superar a proba

O tribunal sinalará os tempos para a realización das probas para todos os aspirantes.

ANEXO IV

PROBAS FÍSICAS

1ºProba: COURSE NAVETTE

Descrición: o/a aspirante colocarase detrás dunha liña e ao sinal sonoro comezará a proba. Correrá ata chegar a pisar a liña situada ao lado contrario (a 20m) e esperará a escoitar un novo sinal sonoro para continuar a carreira. Esta secuencia repetirase durante todo o test.

O ritmo da carreira regularase mediante un dispositivo de audio que emitirá un son a intervalos regulares.

Medición: darase un primeiro aviso a todos os aspirantes se:

No momento sinalado polo dispositivo de audio non pisou a liña.

Iniciou a carreira con antelación ao sinal sonoro que marca o ritmo.

Realiza o cambio de sentido sen pisar a liña.

Fai xiros circulares, en lugar de pivotar sobre a liña.

Darase por finalizada a proba para a persoa aspirante no caso de que se produza un segundo aviso por calquera das causas citadas.

Se por causas organizativas ou técnicas se interrompe a realización do exercicio, a súa repetición poderá demorarse incluso un máximo de 24 horas.

Para superar a proba, as persoas aspirantes deben acumular as rectas correspondentes a 6 períodos homes, 5 períodos mulleres.

Todos/as aqueles/as aspirantes que non alcancen as rectas indicadas terán a consideración de non apto.

2ºProba: SUBIR A CORDA

Descrición: consiste en ascender por unha corda lisa suspendida mediante a acción dos membros superiores do corpo, desde unha marca inicial non superior aos 2 metros e unha altura situada a 5 metros os homes, e 4 metros no caso de mulleres.

Partirase dunha posición de pé, con ambas as plantas en contacto co chan, sen utilizar as pernas na impulsión inicial e sen superar o agarre dos dous metros.

Á voz de inicio, deberase rubir e facer presa coas dúas mans ata exceder o sinal situado aos 5 metros con ambas as mans, considerándose superada cando o aspirante toque con claridade a marca de referencia disposta para o efecto.

O descenso será independente de toda valoración. Realizaranse dous intentos.

O intento será nulo, cando:

Se impulse cos pés na arrancada inicial para ascender.

Se faga presa ou suxeite coas pernas na corda durante a execución da proba.

Non faga presa coas as dúas mans por riba da liña situada a 5 metros.

Se cae da corda.

Todos aqueles aspirantes que acumulen dous intentos nulos terán a consideración de non apto.

3ªProba : PRESS DE BANCA

Descrición: o/a aspirante levantará un peso de 40 kg homes e 35 kg mulleres, realizando as extensións sucesivas e sen interrupción durante un período de 45 segundos.

O/a aspirante sentado no banco, porá as súas costas en contacto coa superficie, sendo ao seu propio criterio a colocación dos pés. Cos brazos nunha extensión completa agarrará a barra á anchura dos ombreiros. Cando o tribunal considere que a posición de inicio é correcta avisará para o inicio da súa execución.

O tribunal contará en voz alta as repeticións válidas e indicará, se é o caso, as repeticións non contadas e a súa causa.

Será motivo de descualificación:

Non tocar o peito coa barra e non realizar a extensión completa.

Non subir ao mesmo tempo as dúas mans.

Non alcanzar as repeticións mínimas establecidas no transcurso do tempo.

As repeticións mínimas para superar a proba serán de 20 para homes e 15 mulleres.

Todos aqueles aspirantes que non alcancen as repeticións mínimas establecidas  terán a consideración de non apto.

4º Proba: NATACIÓN 50 METROS LIBRES

Descrición: partindo da situación de contacto co bordo da saída da piscina, fóra ou dentro da auga, o/a aspirante deberá percorrer a nado, con estilo libre, a distancia de 50 metros nun tempo máximo de corenta e cinco segundos (45) homes e cincuenta (50), as mulleres.

Todos aqueles aspirantes que superen o tempo establecido terán a consideración de non apto.

Para os efectos de descualificación será de aplicación o Regulamento da Federación Española de Natación (RFEN).

ANEXO V

EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1.Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o servizo das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresado en metros.

2.Oftalmoloxía.

Diminución da agudeza visual inferiores a 1/3 no ollo mellor e 1/4 no ollo peor sen lentes correctoras.

Patoloxía que, a xuízo do tribunal, poida alterar o desenvolvemento da función da profesión ou agravarse con ela, entre elas:

Retinopatía (admítese a coriorretinite central serosa).

Retinose pigmentaria.

Hemeralopía.

Hemianopsia.

Diplopia.

Discromatopsias importantes, que poidan alterar o desenvolvemento da función a xuízo do tribunal.

Glaucoma.

Afaquias,pseudoafaquias.

Subluxación do cristalino.

Distrofia corneal progresiva ou con diminución da agudeza visual inferior á permitida.

Queratite crónica.

Alteracións oculomotoras importantes.

Dacriocistite crónica.

Pálpebras: calquera patoloxía ou defecto que impida a protección do ollo á intemperie.

Tumores oculares.

Amputación importante do campo visual en ambos os ollos.

3. Otorrinolaringoloxía.

Non se admitirá audiófono.

A agudeza auditiva conversacional admitindo perdas de entre 1000 e 3000 hertzios a 35 decibeis ou de 4000 hertzios a 45 decibeis.

Vertixe

Dificultades importantes da fonación.

Perforación timpánica.

4. Aparato locomotor.

Alteracións do aparato locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro ou que poidan agravarse a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares ou articulares.

5. Aparato dixestivo.

Cirrose.

Hepatopatías crónicas.

Pancreatite crónica.

Ulcera sanguenta recidivante.

Calquera patoloxía do aparato dixestivo ou intervencións cirúrxicas  que presenten secuelas funcionais con repercusións orgánicas e que incidan negativamente no desempeño do seu traballo.

Hepatopatías agudas con repercusión encimática importante.

6.Aparato cardiovascular.

Hipertensión arterial maior de 155/95 mmHg

Insuficiencia cardíaca.

Infarto de miocardio, nin sufrilo anteriormente.

Coronariopatías.

Arritmias importantes con repercusión hemodinámica.

Taquicardia sinusal permanente de máis de 120 latexos por minuto.

Flutter - Fibrilación.

Síndromes de preexcitación.

Bloqueo aurículo

Ventricular de 2º ou 3º grao.

Extrasístoles patolóxicas.

Valvulopatías.

Non se admitirán próteses valvulares.

Aneurismas cardíacos ou de grandes vasos.

Insuficiencia arterial periférica. Insuficiencia venosa periférica que produza signos de estase ou alteracións tróficas varicosas ou calquera tipo de alteración vascular periférica aínda sen cursar sintomatoloxía.

Secuelas postromboembólicas

Defectos e deformacións dos dedos e/ou mans producidos por problemas de circulación, que sexan sintomáticos ou dificulten a realización satisfactoria dos traballos propios da profesión.

7. Aparato respiratorio.

Insuficiencia respiratoria.

Diminución do VEMS por debaixo do 80%.

EPOC - Asma bronquial.

Atelectasia.

Enfisema.

Neumotorax recidivante.

Outros procesos respiratorios que incidan negativamente nas prácticas físicas a realizar e nas tarefas específicas da profesión.

8. Sistema nervioso central.

Párkinson, corea ou balismo.

Epilepsia.

Esclerose múltiple.

Ataxia.

Arteriosclerose cerebral sintomática.

Vertixe de orixe central.

Alteracións psiquiátricas de base.

Calquera grao de hiposmia.

9. Pel.

Cicatrices que produzan limitación funcional importante, e aqueles procesos patolóxicos que, a xuízo do tribunal, limiten ou se agraven co desempeño da función propia da praza.

10. Outros procesos patolóxicos que impiden o normal desenvolvemento da función da profesión.

Diabetes tipo I ou II.

Diabetes insípida.

Enfermidade de Cushing.

Enfermidade de Addison.

Insuficiencia renal crónica.

Falta dun ril

Enfermidades renais evolutivas.

Hemopatías crónicas graves.

Probas analíticas compatibles con patoloxía de base.

Tumores malignos invalidantes.

Tuberculose

Hernia inguinal.

Análise de ouriños: albuminuria e/ou cilindruria importantes.

11. Alcoholismo ou drogodependencias ou outras alteracións que poidan interferir coa actividade profesional.

12. Calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico dificulte ou impida o desenvolvemento das funcións do posto a ocupar.

Narón, 17 de outubro de 2018

A alcaldesa

Marian Ferreiro Díaz

2018/7732

©2009 Deputación da Coruña