Venres, 18 de maio de 2018 · Viernes, 18 de mayo de 2018 · Número 93
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2018_0000003410

Administración Local

Municipal

As Pontes de García Rodríguez

Secretaría

Bases que rexerán o nomeamento como funcionarios interinos do persoal de brigadas do servizo de extinción de incendios e mais de 3 operarios/as-condutores para a motobomba municipal

ANUNCIO

O concelleiro delegado da Área de Réxime Interno e Recursos Humanos, ditou a resolución número 650/2018, do 11 de maio de 2018, que é do seguinte teor literal:

“Primeiro:

 

BASES QUE REXERAN O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIOS INTERINOS DO PERSOAL DAS BRIGADAS DO SERVIZO DE EXTINCION DE INCENDIOS.-

 

1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente convocatoria é nomeamento como funcionarios interinos do persoal das Brigadas de extinción de incendios, ao abeiro do establecido no RDL 5/2015, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ( Art. 10. 1c) programas de carácter temporal.Todo isto en cumprimento do Convenio asinado ao efecto coa Xunta de Galicia sobre participación na prevención e defensa dos incendios forestais. A existencia do Convenio asinado coa Xunta de Galicia, que abrangue o presente ano 2018 xustifica acudir a este tipo de nomeamento durante a cuarta anualidade, vixente o Convenio asinado. O persoal a seleccionar é o seguinte:

Dúas brigadas de extinción de incendios que constarán cada unha delas do seguinte persoal:

- Un xefe de brigada. Escala: Admón Especial; Subescala: Servizos Especiais; Clase: Técnicos Medios

- Un peón condutor. Escala: Admón Especial; Subescala: Servizos Especiais ; Clase: Persoal de oficios

- Tres peóns. Escala: Admón Especial; Subescala: Servizos Especiais; Clase: Persoal de oficios

2.- Período: Tres meses, dentro dos límites establecidos polo Convenio asinado coa Xunta de Galicia.

3.- Sistema de provisión: Concurso- Oposición.

4.- Retribucións:

- Un xefe de brigada: Básicas Grupo B; CD: 16 C E: 116,05 €/mes

- Un peón condutor: Básicas: Grupo Agrupacións Profesionais.- CD: 14 CE: 91,54 €/mes

- Tres peóns: Básicas: Grupo Agrupacións Profesionais.- CD: 14 CE:3,68 €/mes

5.- Requisitos dos aspirantes:

a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional doutros estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 do RDL 5/2015, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do empregado público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Posui-la titulación seguinte:

c.1)No caso do Xefe de brigada: Titulación de acceso: Técnico Superior en Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Tamén poderán acceder as seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes e Enxeñeiro Técnico Forestal. Para tódolos casos: carnet de conducir B.

c.2) Peón condutor: carné de conducir B

c.3) Peóns: non se exixe titulación específica.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de nomeamento.

6.- Presentación de solicitudes:

6.1) As instancias, ás que se achegará a documentación xustificativa dos méritos que se valoran na convocatoria, así como a titulación correspondente á lingua galega, de selo caso, e nas que se declarará o cumprimento das condicións establecidas , será dirixida ao Rexistro Xeral do Concello no prazo de dez días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará no Taboleiro de Edictos e na páxina web do concello. Realizarase no modelo oficial publicado na antedita páxina web e se facilitará así mesmo no Rexistro Xeral do concello.

As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do concello en horario de 8:30 a 14 horas(luns a venres) . Tamén poderán presentarse do xeito especificado no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. (LPACAP).

6.2) Rematado o prazo de presentación de instancias, o Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos ditará resolución, no prazo de cinco días naturais, que se publicará no Taboleiro de Edictos do concello e na páxina web, declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión e outorgando o prazo improrrogable de 10 días hábiles seguintes á publicación da dita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emenda de defectos, nos termos do artigo 68.1 da LPACAP. De non existir persoas excluídas, aprobarase con carácter definitivo a lista de admitidos.

6.3) Transcurrido o prazo de emenda de defectos, o Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos declarará aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do mesmo.Na citada resolución fixaráse o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio, xunto coa composición do Tribunal, tal e como se reflicte na base 7

6.4) Agás a convocatoria, que se publicará do xeito establecido nestas Bases, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faránse públicos a través do Taboleiro de edictos da Casa do Concello, insertándose tamén na páxina web desta administración.

7.- Tribunal: Será nomeado polo Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos . Tódolos membros deberán posuir a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para as prazas convocadas e terán voz e voto. En función disto, será nomeado un Tribunal para as prazas de Xefe de Brigada e outro para as prazas restantes ( Peón condutor e peóns), do seguinte xeito:

Presidente: Un funcionario/a de carreira ou empregado/a (persoal laboral fixo) do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Secretario/a : Un funcionario/a de carreira do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Vogais:

Tres funcionarios/as de carreira ou empregados/as (persoal laboral fixo) do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Tamén se poderá proceder ao nomeamento de asesores para as probas que así o requiran e será respetada a paridade entre mulleres e homes refrexada no Texto Refundido do EBEP.

8.- Criterios a valorar no proceso selectivo:

8.1. Fase de concurso: Servizos prestados na extinción de incendios: 0,2 ptos por mes completo de servizo ata un máximo de 1,5 ptos.

8.2. Probas de aptitude:

Realizaranse na xornada ou xornadas que oportunamente se anunciarán na páxina web do concello e no taboleiro de edictos. Os aspirantes enténdense convocados polo coñecemento das presentes bases. Ditas probas son as seguintes:

8.3.1. Proba de aptitude física

Realizarase a proba do banco, que consiste no seguinte: Emprégase un banco de 40 cm. de altura para os homes e de 33 cm. para as mulleres, no que se subirá e baixará a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces/minuto) durante un período de cinco minutos. O ritmo marcarase cun metrónomo. Unha vez rematado este tempo, a persoa que realizou o exercicio repousará quince segundos e unha vez rematados tomaráselle o pulso ( na muñeca ou pescozo, contando as pulsacións durante outros quince segundos).A proba realizarase nun lugar tranquilo. Precísase unha báscula para obte-lo peso dos candidatos. Cos datos obtidos, idade, peso e pulsacións, determinarase o resultado mediante táboas existentes ó efecto.

Para as brigadas de extinción requírese puntuación igual a 40 como mínimo, sendo excluinte unha puntuación menor.

8.3.2. Proba de coñecementos

a) Examen de coñecementos

Para os Xefes de Brigada: Redacción, durante o tempo máximo de sesenta minutos dun tema xenérico en relación co programa Anexo á convocatoria. O mesmo non ten que ceñirse específicamente ao contido concreto dun dos temas. Puntuaráse de 0 a 10 e valorarase o coñecemento do tema, a claridade na exposición así como na expresión dos conceptos expresados. O Tribunal poderá chamar aos aspirantes para a súa lectura.

Para os peóns: (Condutor e peóns)

Realizarase durante trinta minutos un test de 25 cuestións con tres respostas alternativas por cuestión para sinalar a correcta, relativo ao programa que figura como Anexo I.

Puntuarase de 0 a 10 proporcionalmente ao número de respostas correctas. Cada resposta correcta puntuará 0,4 puntos. Restarase 0,2 puntos por cada resposta incorrecta.

O examen de coñecementos é eliminatorio. Serán eliminados os aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de cinco puntos.

b) Coñecemento do galego: Para o xefe de brigada, a titulación mínima será Celga 4 ou equivalente. Para o peón condutor e peóns, a titulación mínima será o Celga 2 ou equivalente. Caso de non estar en posesión desta titulación, será precisa a realizaciòn dun exercicio que consistirá, ben na traducción dun texto ou ben nunha proba de conversación. Duración máxima da proba: 15 minutos. Anunciaráse oportunamente xunto coas demáis probas a realizar.

9. Proceso de admisión

9.1. Recoñecementos médicos

Realizaránse os recoñecementos médicos preceptivos para o persoal de extinción de incendios. Se algún dos aspirantes non o chegara a superar, non poderá ser nomeado para o posto que lle corresponda e será sustituído polo primeiro aspirante da lista de espera.

10.- Proposta de nomeamento e Listas de espera: Cos aspirantes que obteñan a maior puntuación, o Tribunal fará proposta de nomeamento á Concellería Delegada, reseñando a persoa designada como Xefe de brigada e os restantes membros da cuadrilla. Elaboraranse tamén unha lista de espera por cada categoría (Xefe, peón-condutor e peón), por orde decrecente de puntuación, cos aspirantes que tendo superadas as probas non acaden suficiente puntuación para seren propostos para a contratación. Esta lista de espera funcionará do seguinte xeito:

1.- Os chamamentos dos/as aspirantes efectuaranse pola orde na que estes/as figura na lista de substitución.

Os chamamentos efectuaranse mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico. Realizarase un máximo de tres chamadas entre as 8:00 e as 15:00 horas, mediando entre elas un mínimo de dúas horas. Se no se tivera resposta en ningunha das tres chamadas, considerarase realizado o chamamento.

A realización dos chamamentos na forma indicada, requirirá que os/as aspirantes teñan facilitado nas súas solicitudes de participación no proceso, ou en comunicación posterior presentada no rexistro municipal, os datos correctos necesarios (numero/os de teléfono e dirección de correo electrónico).

2.- A aceptación da oferta, efectuarase mediante chamada telefónica ao Servizo de Persoal do Concello das Pontes de García Rodríguez, antes das 14:00 horas do primeiro día hábil seguinte ao do chamamento. Transcorrido dito prazo sen que se produza a aceptación, entenderase rexeitada.

A funcionaria/o que os realice, fará constar mediante dilixencia a realización e resultado obtido dos chamamentos efectuados.

No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante aprobado no chegue a formalizar o nomeamento, será substituído polo seguinte na orde de puntuación da lista de espera, segundo a orde de puntuación acadada.

Os integrantes da lista que, sendo convocados para facer efectiva o nomeamento, non se presentaran ou renunciaran a esta sen causa xustificada, ou que renunciasen a continuar desempeñando un posto para o que fosen nomeados, pasarán a ocupar a derradeira posición na lista.

No caso de ser convocados por segunda vez e non atender o requirimento, serán expulsados da lista mediante resolución do concelleiro delegado.

3.- Considerarase como causa xustificada para a renuncia ao chamamento, as seguintes:

a) Baixa por maternidade.

b)Hospitalización ou doenza grave, debidamente acreditada.

c) Estar traballando no Concello das Pontes como funcionario interino ou como contratado laboral.

d) Ser beneficiario dunha prestación recoñecida pola Seguridade Social (maternidade, paternidade, risco durante o embarazo, etc).

Esta lista permanecerá vixente durante o ano 2018.

11.- Presentación da documentación.- Unha vez publicada a lista de aprobados, os aspirantes seleccionados deberán presenta-la documentación acreditativa do cumprimento das condicións esixidas na Base Quinta, no prazo de tres días naturais, a contar desde a citada publicación.

Cumprido-los anteriores requisitos, procederase ao nomeamento e toma de posesión como funcionarios interinos.

12.-Asistencias.- Os membros do Tribunal nomeado ó efecto percibirán as cantidades que en concepto de asistencias se prevén na lexislación de aplicación ( Asistencias por participación en tribunais de oposición ou concurso ou noutros organos encargados de selección de persoal)

13.- Reclamacións e recursos

Contra as cualificacións de cada exercicio efectuado polo Tribunal poderán reclamar os interesados perante éste no prazo dos tres días seguintes ao de ser publicados.

Contra a proposta de aprobados, publicación de lista de espera, etc.. efectuada polo órgano de selección, poderá interpoñerse o recurso de alzada regulado pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo dun mes, perante o Concelleiro Delegado da Area de Réxime Interno e Recursos Humanos.

Contra a Resolución do Concelleiro Delegado de nomeamento dos aspirantes seleccionados, lista de espera, etc, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante o dito concelleiro no prazo dun mes; ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo N.º 1 de Ferrol ou, á súa eleición, o Xulgado da circunscripción na que teña aquel o seu domicilio.

14.- Impugnación. As presentes bases poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

ANEXO I

 

1.- Os incendios e o seu desenvolvemento.

2.- As actuacións en incendios forestais.

3.- O lume e a súa propagación.

4.- Instrumental de extinción de incendios: clases e utilización.

5.- Actuacións en vivendas obxecto de sinistro.

6.- Os vehículos de extinción de incendios e a súa dotación.

7.- Primeiros auxilios: nocións básicas.

8.- Rescates: natureza e clases

9.- Protección dos ecosistemas forestais.

10.- A colaboración da Xunta e os concellos na extinción dos incendios.

11.- A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estrutura e contido.

12.- A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

13.- A administración local. Concepto e desenvolvemento normativo no marco da Unión Europea.

14.- O municipio. A provincia. Desenvolvemento xurídico-normativo.

15.- O municipio das Pontes de García Rodríguez. Coñecemento do casco urbano, parroquias e lugares.

16.- O Concello das Pontes. Organización municipal: Departamentos e servizos que presta o concello aos veciños.

Segundo:

 

BASES QUE REXERAN O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIOS INTERINOS DE TRES OPERARIOS/AS- CONDUTORES PARA A MOTOBOMBA MUNICIPAL.-

1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente convocatoria é o nomeamento de: 3 OPERARIOS-CONDUTORES para a motobomba municipal.-

2.- Período e modalidade de adscripción: O obxecto da presente convocatoria é nomeamento como funcionarios interinos, ao abeiro do establecido no RDL 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ( Art. 10.1c), programas de carácter temporal, de tres operarios condutores de motobomba.

Todo isto en cumprimento do Convenio asinado ao efecto coa Xunta de Galicia sobre participación na prevención e defensa dos incendios forestais. A existencia do Convenio asinado coa Xunta de Galicia, que abrangue o presente ano 2018 xustifica acudir a este tipo de nomeamento durante a cuarta anualidade, vixente o Convenio asinado.

3.- Sistema de provisión: Concurso-Oposición.

4.- Retribucións: Básicas: Grupo Agrupacións Profesionais.- CD: 14 C. E. 107, 57 €/mes

5.- Requisitos dos aspirantes:

a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación

c) Estar en posesión do carnet de conducir clase C.-

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

6.- Presentación de solicitudes:

6.1) As instancias, ás que se achegará a documentación xustificativa dos méritos que se valoran na convocatoria, así como a titulación correspondente á lingua galega, de selo caso, e nas que se declarará o cumprimento das condicións establecidas , será dirixida ao Rexistro Xeral do Concello no prazo de dez días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará no Taboleiro de Edictos e na páxina web do concello. Realizarase no modelo oficial publicado na antedita páxina web e se facilitará así mesmo no Rexistro Xeral do concello.

As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do concello en horario de 8:30 a 14 horas(luns a venres). Tamén poderán presentarse do xeito especificado no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. (LPACAP).

6.2) Rematado o prazo de presentación de instancias, o Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos ditará resolución, no prazo de cinco días naturais, que se publicará no Taboleiro de Edictos do concello e na páxina web, declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión e outorgando o prazo improrrogable de 10 días hábiles seguintes á publicación da dita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emenda de defectos, nos termos do artigo 68.1 da LPACAP. De non existir persoas excluídas, aprobarase con carácter definitivo a lista de admitidos.

6.3) Transcurrido o prazo de emenda de defectos, o Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos declarará aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do mesmo.Na citada resolución fixaráse o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio, xunto coa composición do Tribunal, tal e como se reflicte na base 7

6.4) Agás a convocatoria, que se publicará do xeito establecido nestas Bases, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faránse públicos a través do Taboleiro de edictos da Casa do Concello, insertándose tamén na páxina web desta administración.

7.- Tribunal: Será nomeado polo Concelleiro Delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos . Tódolos membros, xunto cos seus respectivos suplentes, deberán posuir a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para as prazas convocadas e terán voz e voto. Poderáse así mesmo nomear aos asesores que se considere oportuno para a celebración das probas. O nomeamento publicarase xunto coa publicación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos. A composición será a seguinte:

Presidente: Un funcionario/a de carreira ou empregado/a (persoal laboral fixo) do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Secretario/a : Un funcionario/a de carreira do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Vogais:

Tres funcionarios/as de carreira ou empregados/as (persoal laboral fixo) do cadro de persoal do concello, co seu respectivo suplente.-

Tamén se poderá proceder ao nomeamento de asesores para as probas que así o requiran e será respetada a paridade entre mulleres e homes refrexada no Texto Refundido do EBEP.

8.- Criterios a valorar no proceso selectivo:

8.1.- Fase de concurso:

A fase de concurso non será eliminatoria. As puntuacións obtidas en ámbalas fases sumaranse para a determinación dos aspirantes elixidos.

Baremos aplicables nesta fase:

Servizos prestados en postos que leven aparellada a realización de tarefas como operario-conductor de motobomba: 0,2 puntos por mes completo de servizos, ata un máximo de 1,5 puntos.

8.2.- Fase de oposición:

Realizaranse na xornada ou xornadas que oportunamente se anunciarán na páxina web do concello e no taboleiro de edictos. Os aspirantes enténdense convocados polo coñecemento das presentes bases. Ditas probas son as seguintes:

8.2.1. Proba de aptitude física

Realizarase a proba do banco, que consiste no seguinte: Emprégase un banco de 40 cm. de altura para os homes e de 33 cm. para as mulleres, no que se subirá e baixará a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces/minuto) durante un período de cinco minutos. O ritmo marcarase cun metrónomo. Unha vez rematado este tempo, a persoa que realizou o exercicio repousará quince segundos e unha vez rematados tomaráselle o pulso ( na muñeca ou pescozo, contando as pulsacións durante outros quince segundos).A proba realizarase nun lugar tranquilo. Precísase unha báscula para obte-lo peso dos candidatos. Cos datos obtidos, idade, peso e pulsacións, determinarase o resultado mediante táboas existentes ó efecto.

Para as brigadas de extinción requírese puntuación igual a 40 como mínimo, sendo excluinte unha puntuación menor.

8.2.2 Proba práctica sobre o manexo da motobomba, consistente na demostración polo aspirante do coñecemento dos aspectos de funcionamento xeral e dos accesorios da mesma. A puntuación máxima da fase de oposición será de 20 puntos. O Tribunal terá en conta á hora da valoración o seguinte: nivel de coñecemento e manexo do equipamento, así como o tempo empregado na realización da proba. A data, hora e lugar de celebración da proba serán anunciados oportunamente no taboleiro de anuncios e na páxina web, non sendo convocados os aspirantes expresamente para a celebración da mesma.

8.2.3 Proba de coñecementos da lingua galega para aqueles aspirantes que non acrediten posuir a titulación CELGA 2 ou equivalente. A puntuación será de Apto ou Non Apto, sendo eliminados os aspirantes que non acaden a cualificación de Apto.

8.2.4 Recoñecementos médicos

Realizaránse os recoñecementos médicos preceptivos para o persoal de extinción de incendios. Se algún dos aspirantes non o chegara a superar, non poderá ser nomeado para o posto que lle corresponda e será sustituído polo primeiro aspirante da lista de espera.

9.- Proposta de nomeamento e Lista de espera: Cos 3 aspirantes que tendo superado o proceso selectivo, incluído o coñecemento de lingua galega, obteñan a maior puntuación, o Tribunal fará proposta de nomeamento á Concellería Delegada. Elaborarase tamén, de considerarse procedente, unha lista de espera, por orde decrecente de puntuación cos aspirantes que tendo superadas as probas non acaden suficiente puntuación para seren propostos para o nomeamento. Esta lista de espera funcionará do seguinte xeito:

1.- Os chamamentos dos/as aspirantes efectuaranse pola orde na que estes/as figura na lista de substitución.

Os chamamentos efectuaranse mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico. Realizarase un máximo de tres chamadas entre as 8:00 e as 15:00 horas, mediando entre elas un mínimo de dúas horas. Se no se tivera resposta en ningunha das tres chamadas, considerarase realizado o chamamento.

A realización dos chamamentos na forma indicada, requirirá que os/as aspirantes teñan facilitado nas súas solicitudes de participación no proceso, ou en comunicación posterior presentada no rexistro municipal, os datos correctos necesarios (numero/os de teléfono e dirección de correo electrónico).

2.- A aceptación da oferta, efectuarase mediante chamada telefónica ao Servizo de Persoal do Concello das Pontes de García Rodríguez, antes das 14:00 horas do primeiro día hábil seguinte ao do chamamento. Transcorrido dito prazo sen que se produza a aceptación, entenderase rexeitada.

A funcionaria/o que os realice, fará constar mediante dilixencia a realización e resultado obtido dos chamamentos efectuados.

No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante aprobado no chegue a formalizar o nomeamento, será substituído polo seguinte na orde de puntuación da lista de espera, segundo a orde de puntuación acadada.

Os integrantes da lista que, sendo convocados para facer efectiva o nomeamento, non se presentaran ou renunciaran a esta sen causa xustificada, ou que renunciasen a continuar desempeñando un posto para o que fosen nomeados, pasarán a ocupar a derradeira posición na lista.

No caso de ser convocados por segunda vez e non atender o requirimento, serán expulsados da lista mediante resolución do concelleiro delegado.

3.- Considerarase como causa xustificada para a renuncia ao chamamento, as seguintes:

a) Baixa por maternidade.

b) Hospitalización ou doenza grave, debidamente acreditada.

c) Estar traballando no Concello das Pontes como funcionario interino ou como contratado laboral.

d) Ser beneficiario dunha prestación recoñecida pola Seguridade Social (maternidade, paternidade, risco durante o embarazo, etc).

Esta lista permanecerá vixente durante o ano 2018.

10.- Presentación da documentación.- Unha vez publicada a lista de aprobados, os aspirantes seleccionados deberán presenta-la documentación acreditativa do cumprimento das condicións esixidas na Base Quinta, no prazo de tres días naturais, a contar desde a citada publicación.

Cumprido-los anteriores requisitos, polo Concelleiro Delegado procederase ao nomeamento como funcionarios interinos.

11.- Reclamacións e recursos

Contra as cualificacións de cada exercicio efectuado polo Tribunal poderán reclamar os interesados perante éste no prazo dos tres días seguintes ao de ser publicados.

Contra a proposta de aprobados, publicación de lista de espera, etc.. efectuada polo órgano de selección, poderá interpoñerse o recurso de alzada regulado no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes, perante o Concelleiro Delegado da Area de Réxime Interno e Recursos Humanos.

Contra a Resolución do Concelleiro Delegado de nomeamento dos aspirantes seleccionados, lista de espera, etc, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante o dito concelleiro no prazo dun mes; ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo N.º 1 de Ferrol ou, á súa eleición, o Xulgado da circunscripción na que teña aquel o seu domicilio.

12.- Impugnación.

As presentes bases poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

As Pontes de García Rodríguez, 14 de maio de 2018

O concelleiro delegado da Área de Réxime Interno e Recursos Humanos

José Alén Álvarez

2018/3410

 

©2009 Deputación da Coruña