BOPPO número 226

luns, 25 de novembro de 2019

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Salceda de Caselas

Persoal, oposicións

CONVOCATORIA E BASES SELECCIÓN DUN TÉCNICO DE EMPREGO E ORIENTADOR LABORAL E DUN PROSPECTOR E ORIENTADOR LABORAL. PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

ANUNCIO

Tramitado expediente para a selección dun “técnico de emprego e orientador laboral” e dun “prospector e orientador laboral” para a execución con carácter temporal e non permanente do “Programa Integrado de Emprego do Concello de Salceda de Caselas – Salceda Emprego – para o ano 2019-2020”, programa dirixido á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das personas traballadoras en situación de desemprego e realizado ao abeiro da ORDE da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 7 de xuño de 2019 (DOG Núm. 116 do 20.06.2019), o prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do presente anuncio.

Na sede electrónica deste Concello (salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board//) e con carácter complementario na paxina web (http://salcedadecaselas.gal/), aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello.

Contra as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante o Alcalde de Salceda de Caselas, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.