Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do PSV de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-549, punto quilométrico 8+000 ao 9+800, nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa, clave PO/17/143.06.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 30 de outubro de 2018, apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800, nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa, clave PO/17/143.06.

Con data do 22 de novembro de 2018, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 156/2018, publicado no DOG nº 236, do 12 de decembro de 2018.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e os artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Vilanova de Arousa.

Local: Casa da Cultura de San Miguel de Deiro.

Data: 7 de maio de 2019, das 10.00 ás 13.00 horas, desde a A ata o final.

Concello de Cambados.

Local: Centro Sociocultural de Corvillón.

Data: 8 de maio de 2019, das 10.00 ás 13.00 horas, desde a A ata o final.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa e no Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36003 Pontevedra.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e último recibo da contribución, así como certificado de conta bancaria con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria e poden acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e dun notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este servizo provincial de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio, ou ben a quen tentada a súa notificación, non se puido practicar.

Pontevedra, 13 de marzo de 2019

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra