Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3551

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 176/2021, do 23 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, no concello de Coristanco (A Coruña) (clave AC/19/132.06).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 8 de xuño de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 107) o Anuncio do 26 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Logo da análise dos informes e certificados presentados, o 3 de decembro de 2021 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06.

A actuación obxecto do proxecto consiste na execución de dous treitos de sendas peonís na marxe da estrada autonómica AC-552, no termo municipal de Coristanco, un deles pola marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos (p.q.) 34+400 (final da senda Carballo-Bértoa) e 34+860 (inicio da beirarrúa próxima aos arredores do centro comercial Carrefour), e o outro pola marxe dereita da estrada, entre os puntos quilométricos 44+300 (final das beirarrúas de Bormoio) e 45+080 (punto de acceso ao cemiterio de Agrillos).

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de decembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade