O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de O Valadouro, outorgando liquidez ás empresas do municipio para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.

Preténdese protexer o interese xeral da cidadanía de O Valadouro, dando soporte ás persoas autónomas, e pequena empresa, así como aos traballadores por conta allea residentes no municipio para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e coadxuvar para que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía da noso Concello, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas, como autónomos, pemes, traballadores e familias.

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL DE O VALADOURO, PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID19.

ANEXOS SOLICITUDES.