Martes, 26 de maio de 2020 · Martes, 26 de mayo de 2020 · Número 73
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2020_0000002886

Administración Local

Municipal

Aranga

Secretaría - Intervención

Bases de seleccion de personal laboral temporal de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos no concello de Aranga do Programa provincial PEL 2020

CONVOCATORIA DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL ( CATRO PEÓNS)

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a selección de catro peóns, durante o prazo de cinco meses e medio, en xornada reducida , do Programa Provincial de Integración Laboral 2020.

O prazo de presentación de instancias é de sete días hábiles contados a partir do seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Os interesados poderán consultar as bases na páxina web do concello (www.aranga.gal) ou nas oficinas municipais, previa cita.

Aranga, 21 de maio de 2020

BASES PARA A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS QUE CUBRIRÁN O CADRO DE PERSOAL DO ”PROGRAMA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PEL CONCELLOS 2020”

PRIMEIRA.-Obxecto da convocatoria.

A presente convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal , durante o prazo de 5,5 meses , de catro peóns neste concello de Aranga, a través do proceso de selección que se indica nas presentes bases, de conformidade co establecido no Real Decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), a lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia(LEPG), a lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local , o Real Decreto lexislativo 781/1986 de 18 de abril que aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de réxime local, o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2015 de 23 de outubro(TRET) e disposición concordantes, a efectos de executar as obras previstas no “Programa de Integración Laboral dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes”, segundo a Resolución de aprobación das bases para a convocatoria da subvención da Deputación Provincial da Coruña, publicada no Boletín Oficial da provincia nº62 do 17 de abril de 2020

SEGUNDA.- Modalidade de contratación e condicións do contrato.

Os contratos formalizaranse co obxectivo do fomento de emprego para as persoas incluídas en situación de risco de exclusión social baixo a modalidade de obra ou servizo determinado previsto no Real Decreto 2720/1998 de 18 de decembro.

A duración prevista inicialmente é dende o 15 de xuño e ata o 30 de novembro de 2020.

As retribucións brutas mensuais serán de 858,96 € incluída a porrata da extra.

A xornada será de seis horas diarias.

As funcións a realizar polo persoal que se contrate están relacionadas coa finalidade de levar a cabo as labores de mantemento mantemento dos servizos públicos, como é o de abastecemento de auga aos domicilios

Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte neste proceso selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un deles a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP; igualmente as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores .

Tamén poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Posuír capacidade funcional e aptitude física e psíquica para o desempeño das tarefas obxecto deste contrato

A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas con necesidades especiais cos demais aspirantes, non podéndose fixar, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adaptándose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidade co exercicio das función do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida polo organismo competente.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público.

e) Non estar incurso en causa de incompatibilidade .

f) Ser demandante de emprego, polo que será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia, dacordo co previsto no punto dous das Bases do Programa de Integración Laboral publicado pola Deputación Provincial para a execución de obras e servizos mínimos municipais .

g) Encontrarse en algunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

• Mulleres, por ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

• Maiores de 45 anos.

• Persoas desempregadas de longa duración. A efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.

• Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 33%. A acreditación de discapacidade será comprobada polo Concello no proceso de selección das persoas a contratar.

• Persoas en situación de drogopendencia.

• Persoas que vivan nun hogar onde ningunha teña emprego.

• Persoas en fogar monoparental/monomarental

• Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais

• Persoas vítimas da violencia de xénero

• Persoas sen fogar

4º.- Requisitos de selección. Solicitude dos aspirantes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ao sr.alcalde en modelo que figura no Anexo I destas bases, no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, de forma presencial ou a través da sede electrónica o nalgún lugar dos previstos no artigo 16.4 da lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións públicas.

No caso de presentarse no Rexistro Xeral do concello deberá solicitarse cita previa mediante solicitude a través da Sede elecrtronica (www.aranga.gal) ou por correo electrónico: correo@aranga.gal, o por teléfono: 981793551.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e na páxina Web(www.aranga.gal).

Nas instancias os aspirantes farán constar que reúnen os requisitos establecidos na base terceira e adxuntarán:

-Fotocopia do DNI

-Declaración xurada de reunir requisitos( Anexo I)

-Documentación acreditativa de ser demandante de emprego: O tempo de desemprego acreditarase mediante certificación acreditativa de inscrición no Servizo Público de Emprego

-Documentación xustificativa dos méritos alegados polos aspirantes.

Respecto da documentación acreditativa do cumprimento dalgún dos requisitos relacionados no punto g) do artigo 3, se relizará mediante coa seguinte documentación, segundo a situación de exclusión:

Fotocopia do DNI ( respecto de mulleres o maiores de 45 anos), co informe de vida laboral actualizado( parado de longa duración minimo dous anos), fotocopia do certificado de minusvalía( persoas con discapacidade) e o resto dos supostos con informe dos servizos sociais municipais.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan as bases da convocatoria.

QUINTA.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución aprobando a listaxe provisional de admitidos e excluídos e publicarase na páxina web do concello a efectos da presentación de reclamacións no prazo de dous días contados dende o seguinte á publicación.

Na mesma resolución determinarase o lugar , data e hora de valoración da fase de concurso e a celebración da oposición, así como a composición do tribunal.

De non existir aspirantes excluídos a lista provisional aprobarase como definitiva.

SEXTA.-Comisión seleccionadora.

A comisión seleccionadora será designada pola alcaldía contando cun presidente, un secretario e tres vogais. Deberá respectarse o establecido no artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Non poderá constituírse nin actuar sen asistencia de máis da metade dos seus membros, sendo precisa en todo caso a asistencia do presidente e secretario.

SÉTIMA.-Proceso de selección.

O proceso de selección constará de dúas fases:

Fase de concurso, no que se valorarán as seguintes circunstancias: (ate un máximo de 4 puntos)

-Ter acabado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administración Publicas : ata un máximo de 2 puntos.

Se asignará un punto por cada programa.

-Responsabilidades familiares: ate un máximo de 2 puntos.

A valoración será a seguinte: unidade familiar de ate 3 membros: 1,00 punto; de 4 membros: 1,50 puntos; de 5 ou máis membros: 2,00 puntos.

Acreditación dos méritos:

• A realización dos programas acreditarase mediante documento expedido pola autoridade correspondente onde conste o seu título, o nome, apelidos e DNI do participante e número de horas.

• As responsabilidades familiares mediante libro de familia, certificado de convivencia ou autorización á Administración municipal para comprobalo de oficio no padrón municipal de habitantes, no caso de pertencera familia ao Concello de Aranga

Proba práctica : (ata un máximo de 6 puntos)

A Comisión Seleccionadora realizará aos/as candidatos/as unha proba práctica relacionada co posto de traballo a desenvolver. Serán convocados en chamada única, por orde alfabético, e deberán presentarse co DNI. Se non comparecen decaerán automáticamente no seu dereito.

As dúbidas que se susciten serán resoltas pola Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

OITAVA .-Proposta de contratación e formalización do contrato.

Rematada a cualificación, a Comisión publicará na paxina Web e no taboleiro de edictos o nome dos aspirantes aprobados pola súa orde de puntuación total final e elevará ao Alcalde a proposta de contratación.

Ditos/as aspirantes propostos/as presentarán dentro dos dous días hábiles seguintes, e antes das 12:00 horas, os documentos orixinais acreditativos do cumprimento dos requisitos da Base Terceira.

A formalización do contrato realizarase conforme ó previsto na lexislación vixente.

NOVENA.-Lista de reserva.

A comisión seleccionadora, na última acta, incluirá unha relación dos aspirantes por orde decrecente da puntuación obtida. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista) para cubrir prazas non cubertas por situación de renuncia voluntaria e/ou cubrir situacións de baixa dos seleccionados.

DÉCIMA.-Normas finais.

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria poderán ser impugnados nos caos e na foran establecidos na lei de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses dende o seguinte á publicación da convocatoria.

Con caracter previo e potestativo poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes dende o día seguinte ao da publicación. Neste caso o contencioso-administrativo interporase logo da resolución expresa do mesmo ou no prazo de seis meses, contados dende o seguinte ao que se produza a desestimación presunta do de reposición.

Todo isto sen perxuizo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.

ANEXO I.- INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE SELECCIÓN DOS PEÓNS QUE LEVARÁN A CABO AS OBRAS PREVISTAS NO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL PEL-CONCELLOS 2019”.

D./Dª.___________________________________________________________, co DNI número ________________________,

e domicilio a efectos de notificacións en ____________________________________________________________________,

Municipio _________________________________________, Código Postal __________, teléfono______________________,

dirección de correo electrónico________________________________________________.

Que SOLICITO tomar parte no proceso selectivo convocado polo concello de Aranga para cubrir catro prazas de persoal laboral temporal de peóns que leven a cabo o Programa de Integración Laboral PEL- Concellos 2018.

A tal efecto adxunto fotocopia do DNI e certificación acreditativa da inscrición no Servizo Público de Emprego .

DECLARO BAIXO XURAMENTO que coñezo e acepto as bases que rexen o proxecto selectivo e que reúno os requisitos esixidos, non estando incapacitado para desempeñar o posto e non estou incurso en prohibicións para contratar nin estou en situación de incompatibilidade.

Que cumpro o seguinte requisito ( marcar o que proceda ):

Mulleres, por ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

Maiores de 45 anos.

Persoas desempregadas de longa duración. A efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandanes de emprego.

Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 33%. (A acreditación de discapacidade será comprobada polo Concello no proceso de selección das persoas a contratar.)

Persoas en situación de drogodependencia.

Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.

Persoas en fogar monoparental/monomarental

Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma o cuestións socioculturais

Persoas vítimas da violencia de xénero

Persoas sen fogar

Que relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa dos mesmos.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Así mesmo, autoriza:

-A que sexan comunicadas as actuacións do expediente ao número de teléfono arriba indicado.

-O tratamento dos meus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes de persoas candidatas, a calificación de probas e avaliación, a súa esposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello de Aranga, aos efectos de dar a publicidade esixida ó prodecemento de contratación.

Polo que SOLICITO ser admitido/a no correspondente proceso selectivo.

Aranga, de de 2020”

Aranga, 21 de maio de 2020

O Alcalde:

Asdo:Alberto Platas Álvarez

2020/2886

©2009 Deputación da Coruña