Request edit access
CURSO SEMIPRESENCIAL DE INCORPORACIÓN NOS MÓDULOS ESPECÍFICOS DA ORIENTACIÓN PRODUTIVA DE GANDERÍA EXTENSIVA (100 horas totais: 50 online - 50 presenciais).
Formulario de inscrición ao curso semipresencial de incorporación á actividade agraria en gandería extensiva - módulos específicos.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Información sobre o curso
O GDR-10 Limia-Arnoia organiza este curso que está financiado por: FEADER, MAPA e AGADER.

Este curso pretende servir para a obtención da certificación en Aptitude Empresarial Agraria (Incorporación) que emite a Xunta a traveso do Agacal. É un curso modular na modalidade semipresencial, e realizaranse os módulos específicos da orientación en gandería extensiva.

Pode facer o curso calquera persoa aínda que non queira obter a certificación que emite o Agacal.

Os módulos son independentes entre si, e os específicos da modalidade de gandería extensiva son:
Módulo 6 - Agrotecnoloxía (30 horas): 15 horas online e 15 horas presenciais.
Módulo 7 - Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas): 20 horas online e 20 horas presenciais.
Módulo 8 - Manexo do gando e produción de carne (30 horas): 15 horas online e 15 horas presenciais.

Para obter a certificación que emite a Xunta terás que superar a parte online e asistir ao 100 % das horas presenciais. Despois de comprobar que cumpres os requisitos, poderás ter acceso a realizar os exames de cada módulo que xestiona a Xunta.
Superado o exame e cumprindo os requisitos para poder solicitar a certificación, o Agacal emitirá a certificación de ter superado cada un dos módulos superados.

As datas nas que desenvolverase o curso son as seguintes:
Módulo 6: Parte online do 23 de maio ao 13 de xuño - Parte presencial entre o 20 e o 28 de xuño.
Módulos 7 e 8: Parte online do 11 de xullo ao 5 de setembro - Parte presencial entre o 12 de setembro ao 7 de outubro.

A parte online do curso realizarase no campus virtual do Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (https://campus.sindicatolabrego.gal/acceso.php).
O campus virtual estará dispoñible as 24 horas do día, entre os días sinalados, ambos incluídos.
As conexións poderás facelas dende o computador, tablet, móbil e outros dispositivos similares.

A parte presencial realizaranse no concello de Xunqueira de Ambía.

Podes solicitar máis información chamando ao Tlf.: 988 688 779 ou por correo electrónico: info@limia-arnoia.gal
Nome *
Apelidos *
DNI *
Pregunta requirida polo Servizo de formación de AGACAL
Enderezo *
Código Postal *
Concello *
Provincia *
Data de nacemento *
Pregunta requirida polo Servizo de formación de AGACAL
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy