Na pasada semana foi o do reinicio das competicións estatais e para coñecer o que son os obxectivos dos nosos equipos tivemos a tres técnicos, Miguel Llorente, novo técnico do Deportivo, aspirante ao retorno á Primeira División, e David Ferreiro e Chivi García, responsables técnicos do Sárdoma e do Victoria de Santiago, respectivamente. En canto ao madrileño, aproveitamos para coñecer un pouco máis a súa traxectoria no fútbol feminino, sobre todo tendo en conta os seus sete anos dentro do Barcelona, onde se formou na base, e os seus catro últimos no Barcelona B, sendo o primeiro técnico do equipo na pasada temporada. En canto a Chivi García e David Ferreiro, dous vellos coñecidos, non só falaron dos seus equipos, senón da nova realidade do fútbol feminino, nunha temporada na que se afronta unha nova realidade para a campaña 2022/23, a dunha selectiva Terceira División, á que terán acceso os dous primeiros do grupo, podería tamén conseguilo o terceiro, e co perigo para os máis débiles de loitar para evitar as dúas últimas prazas, que levarían a estes equipos á Primeira División Galega, ou o que é o mesmo, a baixar dúas categorías de golpe. O remate do programa deu protagonismo a Óscar Losada e a súa sección cultural, que neste caso falou do libro “No las llames chicas, llámalas futbolistas”, de Danae Boronat.
Comentarios