Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha senda na AC-404, treito A Ponte-Santa Catalina (puntos quilométricos 1+880-2+330), de clave AC/19/004.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 1 de outubro de 2019, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción dunha senda na AC-404, treito A Ponte-Santa Catalina p.q. 1+880-2+330, de clave AC/19/004.06, no municipio de Santa Comba (A Coruña).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A actuación prevista no proxecto comprende a creación dun itinerario peonil na marxe dereita da AC-404, na contorna da Ponte a Santa Catalina (puntos quilométricos 1+880 e 2+330), coa finalidade de unir entre si as beirarrúas existentes nos treitos anterior e posterior e conseguir un treito continuo. A senda terá un ancho de 1,80 m, unha lonxitude de 450 m e irá separada da calzada por un bordo de 22×18 cm e unha gabia de seguridade de 1,20 m.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Santa Comba (praza do Concello, 1, 15840 Santa Comba, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción senda na AC-404. Treito A Ponte-Santa Catalina puntos quilométricos 1+880-2+330, de clave AC/19/004.06

Concello de Santa Comba

Referencia catastral

Propietarios

DNI

Paraxe

Clase

Uso do solo

Pol.

Parc.

Sup. (m2)

1

4353412NH1645S0001JT

Pazos Negreira, Antonio

***1919**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Solo sen edificar

17

2

4353411NH1645S0001IT

Rial Pazos, Carmen

***1920**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Solo sen edificar

24

3

4353418NH1645S0000QR

Blanco Blanco, José Manuel

***9647**

Lg. Santa Catalina

Rústico

Agrario

19

4

4353409NH1645S0001JT

Fernández Romar, José

***6145**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Solo sen edificar

25

5

4353402NH1645S0001MT

Sestayo Gerpe, Julio (herdeiros de)

***9588**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Residencial

14

6

4353401NH1645S0001FT

Rieiro Barcia, Francisco

***8629**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Solo sen edificar

52

7

4255101NH1645N0001BB

Negreira Calvo, Josefina

***5890**

Lg. Santa Catalina

Urbano

Solo sen edificar

8

8

15078A042007240000AL

Negreira Calvo, Josefina

***5890**

Dornas

Rústico

Agrario

42

724

98

9

15078A042007210000AG

Gerpe Pazos, María Dolores

***6148**

Sobre Arriba

Rústico

Agrario

42

721

89